Bandeira budista

A bandeira budista

A bandeira budista foi creada o 28 de abril de 1885 en Sri Lanka polo coronel da mariña estadounidense xa retirado Henry Steel Olcott, un dos fundadores e o primeiro presidente da Sociedade teosófica, e máis por J.R. de Silva. Olcott chegara en 1879 á illa de Sri Lanka, apaixonouse polo budismo e concibiu a bandeira tamén como un xeito de axudar o nacionalismo ceilandés. De feito, a bandeira converteuse nun dos símbolos nos budistas nacionalistas ceilandeses.

En 1956, a bandeira é adoptada polo conxunto do budismo durante o Congreso Budista Mundial. Na actualidade úsase en todos os países budistas, ondea sobre os templos nas manifestacións relixiosas e forma parte dos elementos reivindicativos políticos, como na revolución azafrán, de Birmania.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy